29/04/12

17 anos de participación no Día da Ciencia na Rúa

O vindeiro día 5 de maio terá lugar o XVII Día da Ciencia na Rúa, organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias no Parque de Santa Margarida.

A Asociación leva participando nesta iniciativa dende a súa creación. Precidamente o outro día atopamos nos arquivos a pegatina do primeiro día que foi o 4 de maio de 1996.

28/04/12

Empezaremos a distribución do libro de Relatos no Día da Ciencia

O vindeiro día 5 de maio, no que celebramos o Día da Ciencia na Rúa, aproveitaremos para empezar a distribución do Libro "Relatos de Xadrez".

O libro será entregado como agasallo en varias probas e tamén para os socios.

Os que se fagan socios, que só son cinco euros, neste día recibirán un chaveiro e o libro.

O libro está configurado cos mellores textos do Certame de Relatos e tamén con textos de Edgar Allan Poe, incluíndo a súa análise do autómata de xadrez máis coñecido da historia.

01/04/12

Regras do Pasapezas

REGRAS DO PASAPEZAS

Artigo 1: A PARTIDA
A partida de pasapezas componse de dúas subpartidas, xogadas coas regras dunha partida de xadrez normal e as especificacións, e aclaracións deste regulamento. A partida de pasapezas ten lugar en dous taboleiros de xadrez, entre catro xogadores, agrupados en parellas, que moven e pasan as pezas. Un membro da parella manexará as pezas brancas nunha subpartida e o outro membro da parella as pezas negras na outra.

Artigo 2: Os TABOLEIROS
2.1. O pasapezas require dous taboleiros de xadrez.
2.2. Os taboleiros sitúanse un á beira do outro.
2.3. Os membros das parellas situaranse un á beira do outro.

Artigo 3: AS PEZAS
Ao iniciarse a partida en cada taboleiro situaranse as pezas propias dunha partida de xadrez.

Artigo 4: A ORDE DE XOGO
4.1. Os xogadores que levan brancas inician as subpartidas.
4.2. A un xogador tócalle xogar cando o seu opoñente completou a súa xogada.
4.3. O número e orde de xogadas en cada subpartida é independente da outra.

Artigo 5: A XOGADA
5.1. A xogada defínese como unha xogada de xadrez e ademais segundo os seguintes puntos deste artigo.
5.2. Considérase que un xogador realizou a súa xogada cando coloca unha peza que tiña almacenada.
5.3. Cando se capture unha peza que sexa un peón coroado, a peza que se pasará ao compañeiro será un peón.

Artigo 6: ALMACENAMENTO DE PEZAS
Un xogador pode ter pezas almacenadas que poderá usar segundo o punto 5.2. As pezas almacenadas serán as que capture a súa parella na outra subpartida. Non existe límite para almacenar pezas. As pezas almacenadas permanecerán sobre a mesa, visibles a todos os xogadores.

Artigo 7: COLOCACIÓN DE PEZAS ALMACENADAS.
7.1. Un xogador poderá colocar as pezas que teña almacenadas en calquera casa do taboleiro da súa subpartida coas excepcións deste artigo.
7.2. Cando un xogador captura unha peza procederá a pasala á súa parella; a peza pasará a ter a condición de peza almacenada por este último xogador.
7.3. Non se pode colocar ningunha peza dando xaque.
7.4. Non se poden colocar peóns nas filas 1, 7 e 8.
7.5. Cando un xogador incorre nas situacións reflectidas en 7.2. e 7.3. o seu opoñente poderá retirar a peza que infrinxe o regulamento, pasarlla ao seu compañeiro e realizar a súa xogada segundo o artigo 5.

Artigo 8: O RELOXO
8.1. Cada subpartida terá o seu propio reloxo.
8.2. O reloxo de cada subpartida colocarase no lateral do taboleiro máis afastado do taboleiro da outra subpartida.
8.3. Soamente os xogadores dunha subpartida poden tocar o reloxo desa subpartida.

Artigo 9: PARTIDA GAÑADA
Unha partida gañarase pola parella na que un dos seus compoñentes:
9.1. De xaque mate ao seu opoñente.
9.2. Gañe por tempo. Este punto require que as dúas bandeiras da parella reclamante da vitoria por tempo estean alzadas. Esta reclamación pode ser efectuada por calquera membro da parella.
9.3. Obteña a declaración de abandono do seu opoñente.

Artigo 10: PARTIDA TÁBOAS
Unha partida é táboas cando:
10.1. Por acordo nalgunha subpartida.
10.2. Cando polo menos unha bandeira de cada parella está caída.
10.3. Polas normas de repetición de xogadas, de 50 xogadas e de afogado da FIDE.
10.4. Non existe afogado se pode colocar unha peza.

Artigo 11: COMUNICACIÓNS ENTRE OS COMPOÑENTES DAS PARELLAS.
Permítese comunicacións entre os xogadores, salvo que se acorde o contrario antes do torneo.