MAÑÁ SABADO celébrase unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa.
O parque de Santa Margarida da Coruña, ao redor da Casa das Ciencias acolle de novo esta actividade que xa supera os vinte anos de celebración.
AGAX estará de novo presente, como desde a primeira edición difundindo a práctica do xadrez e doutros xogos de estratexia.
Aínda que un dos elementos máis vistosos é a colocación do taboleiro xigante, os afeccionados á nosa actividade terán ocasión de competir en dúas modalidades distintas.
Por unha banda ás 12,30 celebraremos o Torneo de Pasapezas, modalidade que se disputa por parellas.
Ás 17,00 celebraremos un Torneo de Partidas Rápidas dividindo aos xogadores en dúas categorías; absoluta e sub14.
Durante a xornada a organización desta actividade científica rendirá unha homenaxe ao profesor de Maristas Enrique Santillán, recentemente falecido, e presente dende os inicios nos días da Ciencia na Rúa.